ARQUITETURA DO SANTUARIO

Conoce a arquitetura do santuario

Interior e estilo arquitectónico

O Santuario da Virxe da Barca é un exemplo destacado da arquitectura relixiosa galega. Construído no século XVIII en estilo barroco mariñeiro, presenta unha planta rectangular, muros de pedra granítica e unha fachada con dúas torres campanario simétricas.

No seu interior, sobrio e funcional, alberga un retablo neoclásico coa imaxe da Virxe. A súa estrutura combina a solidez dos templos costeiros coa espiritualidade da peregrinaxe

O exterior

O santuario elévase sobre un promontorio rochoso fronte ao océano Atlántico, o que o converte nun paisaxe espiritual e simbólico. Desde o seu atrio pódense contemplar as famosas Pedras de Abalar e dos Riñóns, ligadas á lenda da Virxe.

A orientación do templo e a súa integración no entorno costeiro reflicten a fusión entre natureza, fe e tradición.

A fachada posterior

Na parte traseira do santuario atópase a sacristía e zonas de servizo, sen decoración excesiva. Desde aquí tamén se accede ao punto de inicio das procesións durante a romaría da Barca.

O deseño mantén o estilo xeral do conxunto: funcionalidade, pedra espida e forma austera.