Conoce a arquitetura do santuario
Estilo arquitectónico e interior
O Santuario da Virxe da Barca é un exemplo destacado da arquitectura relixiosa galega. Construído a principios do século XVIII, encadrándose no barroco, presenta unha planta de cruz latina onde están situados os distintos retablos. Conta con dúas torres, construídas no 1958 por un empresario vimiancés e doadas por un emigrante muxián. No seu interior albergábase un retablo barroco de Miguel de Romay que tristemente ardeu a mañá do 25 de decembro de 2013. Aínda así, consérvanse seis retablos, dous de estilo barroco e 4 de estilo historicista. Dedicados a San Xoán Bautista, a Santiago, á Virxe da Saleta, á Inmaculada Concepción, ao Santo Cristo Crucificado e á Virxe das Dores. Tamén se albergan no seu interior, numerosos barcos que colgan do teito, e que son exvotos cos que os mariñeiros agradecían a Nosa Señora os favores que esta lles concedía. Ademais, existe un camarín da Virxe onde se pode rezar ante a imaxe da Nosa Señora, ademais de deixar os distintos exvotos que se leven para agradecer ou pedir favores á Virxe.


O exterior
O Santuario elévase sobre un promontorio rochoso onde se pode ver a inmensidade do Océano Atlántico, convertendo este entorno nunha paisaxe espiritual e simbólica, onde o visitante pode atopar fe, paz e espiritualidade. Dende o seu atrio pódense contemplar as famosas Pedras de Abalar e dos Cadrís, ligadas á aparición da Nosa Señora da Barca. A orientación do templo e a súa integración no entorno costeiro reflicten a fusión entre natureza, fe e tradición. No exterior tamén se conserva unha antiga espadana ao lado da casa reitoral.
A fachada posterior
Na parte traseira do santuario atópase a sacristía e zonas de servizo, sen decoración excesiva. Desde aquí tamén se accede ao punto de inicio das procesións durante a romaría da Barca. O deseño mantén o estilo xeral do conxunto: funcionalidade, pedra espida e forma austera. A carón do Santuario está situada a casa reitoral, que data de principios do século XIX. Os materiais empregados en dita casa, foron os do hospital de peregrinos que había na vila de Muxía dende o século XVI. Que probablemente pola falta de persoal e capital para mantelo, e a caída na afluencia de peregrinos fixo que caera en desuso.
