DOAZÓNS

Fai a túa doazón para restaurar o Santuario

O Santuario da Virxe da Barca é un lugar cargado de historia, fe e tradición. Ao longo dos séculos foi testemuña da devoción de miles de peregrinos e visitantes. Nos últimos anos, o templo sufriu danos estruturais e artísticos que requiren dunha restauración urxente e respectuosa co seu valor patrimonial.

Co teu donativo, estarás colaborando directamente na conservación e restauración do retablo maior, as fachadas, o entorno natural e as pezas litúrxicas de valor histórico.

Grazas á túa axuda, poderemos manter viva esta herdanza espiritual que forma parte da identidade de Galicia e da historia do Camiño de Santiago.

Colabora dende calquera parte do mundo. Cada achega, por pequena que sexa, suma.

Colabora Agora